Os alumnos xa aprenden a facer os seus murais de azulexo en forma de mariscos


Xa arrincou en setembro o VI Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte. E as primeiras accións son as de formar aos alumnos dos centros participantes, ao tempo que coñecemo as formas que terán que facer os alumnos, que serán simulando diferentes mariscos. Esta semana os primeiros protagonistas, os que estrearon as accións formativas e creativas, foron os alumnos do CPI Cabo da Area de Laxe.
Os alumnos aprenderon a mesturar o cemento cola, tanto o adhesivo como o rexuntado, para proceder a crear o seu primeiro mural, desta volta un pequeno trozo cadrado. Estiveron moi participativos ás indicacións do profesional de Mapei José Ogando, que lles deu instrucións para un manexo correcto das ferramentas.


Formas de mariscos
Se o ano pasado o mural eran velas de barcos, este ano xa temos formas: Mariscos. E tralo sorteo, a cada un dos 10 centros participantes (incluíndo os centros ocupacionais), quedamos do seguinte xeito:
- Colexio Manuela Rial Cee: Berberecho e Santiaguiño.
- IES Fernando Branco, Cee: Cigala e Ostra.
- IES Agra de Raices, Cee: Orella de mar e Mexillón.
- IES Terra de Soneira, Vimianzo: Vieira e Zamburiña.
- IES Praia Barraña, Boiro: Navalla e Longueirón.
- IES Pedra dá Aguia, Ponche do Porto: Percebe e Bogavante.
- CPI Cabo dá Area, Laxe: Bígaro e ameixa.
- Asoc Apem, Cee: Erizo e Boi.
- Asoc. Integro, Cabana: Nécora e Langosta.
- Asoc. Bo Pastor, A Coruña: Centola e Camarón.
Novas relacionadas
- Comeza o curso e con el o VI Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte.
- Os veleiros do Concurso de Azulexo seguen surcando as nosas costas.
- O proceso de creación dun mural cos alumnos do IESTerra de Soneira.
- Alumnos artesáns que coidan o mar.
- V Concurso de Murais 2012: O Concurso de Murais de Lar rescatou os Fondos Mariños.
- IV Concurso de Murais 2011: Os institutos de Cee, Zas e Muxía acaparan os premios do Concurso de Murais de Azulexo de Lar.
- III Concurso de Murais 2009: O IES de Baio volve gañar o Concurso Benéfico de Murais de Azulexo de Lar.
- III Concurso de Murais 2009: Emotivo acto final do Concurso benéfico de Lar.
- 4 concellos adquiren os murais benéficos de Lar do II Concurso.
- II Concurso de Murais 2008: O certame de murais de azulexo deixa premios a catro dos sete participantes.
- II Concurso de Murais 2008: O concurso benéfico máis internacional.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).