Luns. 06.05.2024
El tiempo

Paco Vidal presenta a súa lista para acabar "con 4 anos de parálise en Laxe"

PSOE LAXE lista 2023
Paco Vidal presenta a súa lista para acabar "con 4 anos de parálise en Laxe"

Despois da presentación oficial, Paco Vidal vén de presentar a foto de campaña da súa renovada lista como candidato á alcaldía de Laxe nas eleccións municipais deste 28 de maio.

Vidal espera “recuperar a alcaldía de Laxe tras “catro anos de parálise co Goberno local do PP”.
Entre os puntos do programa dos socialistas de Laxe destaca ”a modernización dos servizos municipais, por exemplo, introducindo plans de mantemento de camiños, rúas e ríos”, explica Vidal. O PSdeG de Laxe tamén fai fincapé no seu programa nunha nova xestión de residuos e no saneamento nos núcleos urbanos.
O tráfico rodado ocupa tamén unha parte importante do programa, que inclúe a “regulación eficaz do tráfico e o aparcamento, a construción da circunvalación do núcleo urbano de laxe, e ampliar as estradas locais”, engade.

Vidal, capitán da Marina Mercante, lidera unha lista renovada na que tamén está presente Fabián Romar, anterior portavoz socialista na corporación municipal. Tamén fan parte da lista Adriana Pose, Marta Caamaño, Daniel Soneira, Isabel Río, Óscar Cuevas, Déborah Rama, Borja Martínez, Consuelo Lemus e Miguel Carracedo.

Comentarios