Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O patrulleiro 'Atalaia' poderá visitarse hoxe mércores no porto de Laxe polas festas de Santa Rosa

LAXE - Atalaya
O patrulleiro 'Atalaia' poderá visitarse hoxe mércores no porto de Laxe polas festas de Santa Rosa

Interesante visita a que podemos facer este mércores no porto de Laxe. O patrulleiro de altura 'Atalaia' (P-74), baixo o mando do capitán de corveta Ramón José De Leste De León, atracará este martes no porto laxense, onde efectuará presenza naval e permanecerá ata este xoves día 31.
O patrulleiro de altura é unha das unidades principais de vixilancia da Forza de Acción Marítima da Armada. As súas principais misións na actualidade comprenden, entre outras, a vixilancia marítima das costas españolas.

O buque poderá ser visitado este mércores entre 11,00 a 14,00, pola mañá, e de 16,00 a 20,00 horas, en horario de tarde.

A 'Atalaia' comparte nome coa imaxe medieval da virxe que preside a igrexa da vila, que xusto hoxe celebra as festas de Santa Rosa.

Festas de Santa Rosa de Laxe

Comentarios