Luns. 29.04.2024
El tiempo

Pérez Añón deixa á alcaldía de Laxe en mans de Paco Charlín

Jose Luis Perez Anon ex alcalde de laxe
Pérez Añón deixa á alcaldía de Laxe en mans de Paco Charlín

Seguro que a súa filla fica máis tranquila despois da decisión que vén de tomar José Luís Pérez Añón. O ata hoxe alcalde de Laxe vén de presentar a súa dimisión irrevocable, por mor dos problemas de saúde que vén sufrindo dende 2019, case dende que conseguía romper 20 anos de supremacía socialista e o PP se facía coa alcaldía.

Aínda ata o ano pasado compaxinaba a alcaldía co seu labor de practicamente no centro de saúde, pero o estrés continuo que vive calquera rexedor municipal, obrígalle agora a dar o paso a un lado.

Non pasará a historia por ser o mellor estratega, pero si por ser persoa que destacaba pola súa cercanía, a súa naturalidade e o seu bo trato. "Deixa un Laxe mellor do que estaba en 2019", destacaba hoxe o presidente provincial do PP Diego Calvo. 

Será o ata agora tenente alcalde, Francisco Charlín Oróns, que xa estivo á fronte do concello en varias ocasións como alcalde en funcións, o que tome o relevo co bastón de mando.

Comentarios