Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Por unha Costa da Morte sen tranxénicos

Por unha Costa da Morte sen tranxénicos

Laxe e Zas son os primeiros concellos da Costa en declararse municipios libre de cultivos tranxénicos. Unha grande nova para unha Costa da Morte moitas veces allea a estas problemática de índole mundial. E mentres moitos concellos do país ceden os seus terreos para probaturas, na Costa queremos unha terra limpa.

Así o aprobaron en sendos plenos o pasado mes de decembro as corporacións de Laxe e Zas, tras unha proposta da asociación nicrariense Tres de Maio. Ambos concellos xa comunicaron a declaración á Xunta, á que tamén se lle fixo a devandita petición.

A entidade espera que a súa petición sexa levada a cabo tamén por outros concellos da zona, como Mazaricos, Dumbría, Zas, Vimianzo, Carnota ou Muros. Para iso terá que pasar por pleno.

Plataforma Galega Antitranxénicos

Se queren máis información sobre a incidencia dos tranxénicos poden consultar na Plataforma Galega Antitransxénicos. A plataforma advirte dos problemas que poden causar os chamados organismos modificados xeneticamente (Oxm´s), que principalmente son soia, millo, algodón e colza, pero tamén o tan costeiro trigo.

A plataforma o que ten claro é que "os coñecementos científicos actuais non son suficientes para predicir con exactitude tódalas consecuencias da manipulación xenética". Pero sinalan os xa reais problemas, como poden ser alerxias ou toxicidade, os danos a labregos e labregas por perda de mercados, ou a redución da biodiversidade e a contaminación química do solo e dos acuíferos.

Para máis información:

Plataforma Galega Antitransxénicos

Fonte

Comentarios