mércores. 11.12.2024
El tiempo

A comunidade escolar de Laxe volve repoboar o bosque da Insua na 7ª edición do proxecto Landras

Proecto Landras
Imaxe do Proxecto Landras nos pasados anos
A comunidade escolar de Laxe volve repoboar o bosque da Insua na 7ª edición do proxecto Landras

Dende 2017 leva vivo o Proxecto Landras. Esa unión das entidades amnbientais e escolares para repoboar con especies autóctonas un bosque de Laxe. 
O bosque da Insua, ademais, unha zona repoboada en 1977 con pino pinaster, é o lugar idóneo  para desenvolver o Proxecto Landras, unha proposta educativa para ensinar a amar e respectar a natureza enriquecendo este piñeiral. Este espazo hoxe é un lugar de lecer protexido de ventos e salitres, paso obrigado de camiño ó faro onde procuran tranquilidade os que buscan recreo, setas o pasean cos cans. 
Se deito, é habitual ver rapaces e rapazas visitando o bosque coas súas familias para adornar e coidar dunha árbore que lle é propia, xa que as árbores están sinalizadas e marcadas con estacas onde consta o nome da crianza que a plantou.  

Pois a Asociación Ambiental Contramínate, Concello de Laxe e a comunidade escolar do CPI Cabo de Area, o Concello de Laxe volven por sétimo ano consecutivo ao bosque da Insua. A cita será este xoves, 7 de novembro de 10:00 a 12.30 celébrase a primeira xornada de plantación 2024, con nenas e nenos de 1º e 4º de Educación Primaria. O venres participará o alumnado de 5º. 

acibros prantados no proxecto Landars
Acivros prantados no proxecto Landras

Plantaranse arredor de 60 árbores autóctonas entre os pinos que fan de barreira protectora do salitre e do vento. Son árbores nadas nun pequeno viveiro de sementes recollidas nos bosques do concello. Cada ano introdúcense  ovas especies autóctonas. Ata de agora hai presenza de  carballo, castiñeiro, faia, bidueiro, sorbeira, arce, érbedo, ameneiro, olmo, nogueira, abeleira, loureiro, sabugueiro, rusco e acivro.
Respéctanse a orde en liñas e as distancias entre as árbores para facilitar a limpeza e a prevención de incendios forestais.

Máis novas

Comentarios