venres. 09.01.2026
El tiempo

"Queremos facer o Cambio”: Malpica e Laxe participará na Limpeza Simultánea de Praias en toda España

llimpeza laxe
"Queremos facer o Cambio”: Malpica e Laxe participará na Limpeza Simultánea de Praias en toda España

Este sábado 10 de xaneiro ás 11.00 horas, colectivos ambientais e voluntariado de toda España, unirán forzas nunha xornada de limpezas simultáneas. A iniciativa desenvolverase de maneira coordinada en distintos enclaves naturais, tanto costeiros como fluviais, co obxectivo de retirar residuos, visibilizar o problema da contaminación e fomentar a implicación da cidadanía no coidado da contorna, da natureza, da nosa "casa común”.

Esta iniciativa está organizada por Izan Voluntario, un rapaz comprometido coa limpeza nas praias de A Coruña e que impulsa e coordina esta acción xunto a diferentes colectivos.

Na Costa da Morte, será Mar de Fábula a que se una a esta campaña cunha limpeza na praia de Traba de Laxe. Tamén en Malpica, o colectivo Limpocean fai o propio organizando unha limpeza na praia urbana.

Despois da limpeza, realizaremos un obradoiro artístico con lixo mariño recuperado do areal, no Centro Social de Traba. As persoas que estén interesadas en participar poden apuntarse nas limpezas organizadas polas asociacións que figuran no cartaz ou elexir un lugar novo para así ampliar o mapa, avisando desto último a @voluntariolimpiezagalicia ou no Correo: izanvoluntario@gmail.com.
O Punto de encontro da cita de Laxe será aparcamento zona norte da praia (Boaño). É necesario anotarse, a efecto de cobertura de seguros, con nome apelidos e DNI no correo electrónico info@mardefabula.gal ou no teléfono 660242118.

Comentarios