A rápida intervención impediu que dous incendios provocados en Laxe trouxeran grandes consecuencias
Día intenso o de onte nos montes de Laxe. A pasada tarde de xoves, arredor das 16:30h, declarábase un pequeno incendio en Traba, no lugar de Foxiños. A rápida intervención tanto dos efectivos de Protección Civil de Laxe, como das cuadrillas antiicendios (que levaban motoboma) emais o GES de Ponteceso, permitiu controlar rapidamente o lume.
Acodiron a remollalo para que non se reactivase pola noite, e pouco despois, xa de madrugada, pasadas as 1:15, rexistrábase outro incendio en Boaño, no lugar de Pedreira. Desta volta o lume prendeu moi cerca das casas, en dous focos distintos, nos dous extremos do lugar. Era un lume intenso, a apenas 30 metros das casas polo que se viviron momentos intensos. Afortunadamente os medios de extinción conseguiu controlalos rapidamente.
“A xente non é consicente do perigo, nin de que hai xente traballando dentro do lume…”, lamentan dende Protección Civil.
Incendios na comarca
- 15-09-19: Un día enteiro dun máis perigoso lume en Muros.
- 13-09-19: Novo incendio, con nocturnidade e alevosía, en Mazaricos.
- 09-09-19: Un incendio en Zas completou unha tráxica fin de semana na Costa da Morte.
- Incendio na Boca do Río: “Era unha bomba. Puido haber unha traxedia”.
- O incendio forestal arrasa 130 hectáreas en Fisterra.