Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os recortes impiden que Laxe recupere o horario de Pediatría

Os recortes impiden que Laxe recupere o horario de Pediatría

Parece que os pais e nais de Laxe terán que conformarse con actual horario de pediatría. Nin as mobilizacións de finais do ano pasado, nin as protestas da oposición no Parlamento serviron para que a Xunta mande recuperar o antigo horario da asistencia pediátrica no Centro de Saúde de Laxe. I é que as dificultades de trasladarse ó C.S de Cesullas son grandes, posto que moitas nenas e nenos, dadas as ocupacións laborais dos seus pais, quedan ó cargo dos avós e estes non teñen medios para desprazarse a dito Centro diante dunha urxencia pediátrica.

A Xunta contestaba negativamente á pregunta parlamentaria formulada polo BNG de Laxe a través da súa oficina parlamentar. Indican que "ante a falta de especialistas en pediatrá, foi preciso levar a cabo actuacións para reordenar a asistencia pediátria, tanto funcional como de horarios".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Laxe.

Comentarios