Reunión en Bruxelas coa vista posta nas demandas da pesca artesanal

Na xornada de hoxe martes, 28 de agosto, a capital comunitaria acolle un encontro promovido polo BNG no que participará unha delegación do sector pesqueiro do noso país con María Damanakis, Comisaria de Pesca da Comisión Europea.

Foi o BNG a través da organización nacionalista no concello de Laxe, quen organizou dito encontro, no que participa a Asociación de Pesca Artesanal de Laxe (APESAR). O seu presidente, José Manuel Barcia, achegará un documento no que se plasman unha serie de demandas do sector pesqueiro da Costa da Morte.

Destacan entre outras demandas o tratamento específico e diferenciado dunha pesca artesanal clave a nivel local, a autoxestión do sector con voz e voto no Parlamento Europeo ou as paradas biolóxicas.

O BNG de Laxe celebraba a primeira mesa de traballo do sector da pesca artesanal o pasado verán de 2011. A través daquela cita se lle trasladaron as inquedanzas do sector aos deputados e deputadas galegos, estatais e europeos da agrupación nacionalista. A xuntanza de hoxe en Bruxelas pode supoñer un paso cara diante na solución dos problemas da pesca artesanal na bisbarra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Laxe.