Venres. 29.03.2024
El tiempo

Portos limpa a area acumulada no porto de Laxe e agarda á primavera a solucionar a raíz do problema

Portos limpa a area acumulada no porto de Laxe e agarda á primavera a solucionar a raíz do problema

Portos de Galicia executará nos vindeiros días unha limpeza de urxencia da area acumulada no porto de Laxe. Esta actuación suporá un investimento de 7.426 euros e realizarase sen detrimento de posibles accións futuras de reposición do basculamento de area na praia, que, segundo apuntan, "só poden desenvolverse a partir da primavera, por razóns climatolóxicas".

Así, Portos de Galicia retirará, "como medida inmediata, non definitiva", a area acumulada na zona da explanada, o paseo marítimo, a rampla e o carro varadoiro.

Os traballos de retirada da area darán comezo nos próximos días e terán un prazo de execución de aproximadamente unha semana polo que as previsións apuntan que o bordo portuario poida estar libre de areas a finais deste mes. A area será transportada por un camión dumper ao extremo contrario da praia, onde se espallará de maneira que quede rasanteada.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa de Portos de Galicia.

Comentarios