Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG de Laxe cre que a actuación de Portos cos áridos é un parche

O BNG de Laxe cre que a actuación de Portos cos áridos é un parche

A semana pasada, o Ente Público Portos de Galiza desenvolveu unhas actuacións no peirao de Laxe para retirar os áridos. Unhas obras que custaron 7.426 euros pero que para o BNG local só son "unha burla ao pobo de Laxe".

Para o grupo da oposición Portos tería que acometer a "restauración da dinámica do litoral", non "poñer “parches” a unha situación delirante e inxustificábel".

Agardando a primavera

Agardamos pois que Portos faga real a súa premisa de que estas actuacións se fixeron sen detrimento de posibles accións futuras de reposición do basculamento de area na praia, que, segundo apuntan, “só poden desenvolverse a partir da primavera, por razóns climatolóxicas”.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa de Portos de Galicia.

Comentarios