Somos Laxe deixa a carreira electoral


Mágoa, seguro que un grupo veciñal lle viña moi ben á saúde política laxense. Pero Somos Laxe, a agrupación de electores que se nun principio se formou coa finalidade de concurrir ás eleccións municipais, cambia os seus obxectivos, pasando a conformarse como unha Asociación de veciños e deixando de lado o carácter máis puramente político do proxecto.
Explican que “a decisión de non presentarse ás eleccións débese ao non cumprimiento dalgúns requisitos que definían o que se esperaba do proxecto inicial”. Dende a organización, achacan estes incumprimentos á “falta de tempo e á presión que isto supón, así como ó novidoso do noso proxecto, posiblemente difícil de asimilar cando se vai a contrarreloxo”.
Así e todo, aseguran que “as nosas inquietudes e o noso compromiso de traballo seguen estando vixentes, e non queremos renunciar á idea inicial de intentar promover a participación veciñal, e funcionar de intermediarios entre veciños e concello. Deste xeito, sen presións de tempo de por medio, formaremos nos vindeiros días unha asociación veciñal, que ten como obxetivo prioritario aumentar a oferta cultural e de lecer no municipio, na que organizaremos todo tipo de actividades”.
Novas relacionadas
Fonte
- Somos Laxe.