venres. 02.05.2025
El tiempo

Última chamada para inscribirse nas Escolas de Teatro e Música de Laxe

Última chamada para inscribirse nas Escolas de Teatro e Música de Laxe
Escolas teatro e musica de Laxe 2016-2017

O prazo de inscrición para as Escolas Municipais de Teatro e Música de Laxe finaliza o próximo venres 14 de outubro ás 13 horas. Así o anuncia o Departamento de Cultura do Concello de Laxe, que destaca a Escola nun lugar destacado dentro da programación cultural de outono e inverno.

Así, na semana seguinte, do 17 ao 21 de outubro, darán comezo as clases da Escola Municipal de Música co seu profesor Victor Manuel García Pose. O venres 21 ás 18 horas no salón de actos municipal, a partir das 18 horas, terá lugar a sesión de presentación das clases da Escola Municipal de Teatro, sempre que se chegue ao mínimo de inscricións para o seu funcionamento. O profesor que impartirá as clases de teatro, continuará a ser Afonso García Penas e as clases terán lugar os venres no seu horario habitual de ensaio para cada grupo de idade, dende o mes de outubro ata finais de maio.

As Escolas municipais abrirán as súas portas a todas aquelas persoas que, con máis de 3 anos, no caso da Escola Municipal de Teatro, ou con máis de 5 no caso da Escola Municipal de Música, queiran formar parte delas, sen establecer un límite de idade.

Posto que as prazas son limitadas nas dúas escolas e aínda quedan algunhas prazas libres, terán preferencia de admisión, aquelas persoas que formaran parte das escolas en anos anteriores e que primeiro realicen os trámites de matriculación nas datas establecidas para elo. As inscricións deberán realizarse presencialmente na Oficina de Cultura da Casa do Concello (2º andar) ou telematicamente, enviando toda a documentación que figura na web municipal, http://www.concellodelaxe.com, por correo electrónico a cultura@concellodelaxe.com.

Fonte

  • Concello de Laxe.

Comentarios