Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Unha mesa redonda analiza o plan de conservación dos Penedos de Traba e Pasarela

Unha mesa redonda analiza o plan de conservación dos Penedos de Traba e Pasarela
penedos-traba Varios axentes participarán este venres nunha mesa redonda ao redor dos Penedos que terá lugar en Laxe "Un impulso ó plan de conservación dos Penedos de Pasarela e Traba" é o título da mesea redonda que terá lugar o próximo venres, día 1, ás 20:oo horas no museo do Mar de Laxe. A actividade, que se enmarca dentro do proxecto túrístico ReLáxese 2018, reúne por primeira vez aos concellos de Vimianzo e Laxe, municipios sobre os que se erguen os famosos Penedos. No encontro participarán o alcalde do Concello de Laxe, José Manuel Mouzo; o concelleiro de Turismo de Laxe, Xosé Manuel Pose; o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos; o escritor e historiador Xosé María Lema; o xornalista Juan Ventura Lado, e tamén o catedrático Augusto Pérez Alberti, redactor do informe que impulsou a declación oficial coma Paisaxe Protexida. O obxectivo non é outro que transmitir o sentimento polos Penedos, desde distintos puntos de vista; o dos dirixentes políticos de Laxe e Vimianzo, o do poder asociativo a través da iniciativas do Seminario de Estudos Comarcais, o da repercusión social e nos medios de comunicación, e o do coñecemento técnico. O que se pretende é unificar obxectivos e plans de traballo entre os Concellos de Laxe e de Vimianzo, para lembrar que a Xunta de Galicia ten por cumprir dous compromisos que adquiriu no ano 2009 coa declaración oficial outorgada ós Penedos, e dos que ata o momento nada se fixo tal e como recoñecían fai uns días os técnicos de cada un dos concellos implicados. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios