Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Xosé Manuel Pose Lema volverá a optar á alcaldía de Laxe polo BNG

xose_manuel_pose_lema bng laxe 2022
Xosé Manuel Pose Lema volverá a optar á alcaldía de Laxe polo BNG

Era o esperado. Xosé Manuel Pose Lema volverá a encabezar a candidatura do BNG en Laxe. Pose Lema formou parte de todas as candidaturas municipais nacionalistas dende o ano 1983, e dende o 2007 encabeza a lista do BNG.
Tanto dende a oposición como dende o goberno, do que formou parte dende novembro do 2016 ata as eleccións do 2019, Pose Lema ofrece o seu traballo "fronte á un goberno esgotado e sen un proxecto para Laxe, a nosa vocación é construír unha alternativa que sexa quen de situar o noso concello no lugar que merece”, apunta.

Durante o seu breve paso polo goberno, Xosé Manuel Pose impulsou dende as áreas de Hostalaría, Turismo e Comercio políticas de promoción económica que contribuíron á desestacionalización do turismo, ao recoñecemento de recursos turísticos tan relevantes como o Arquivo Fotográfico Vidal ou a igrexa de Santa María da Atalaia, á potenciación do agora esquecido Museo do Mar ou á dinamización de sectores básicos para a economía local como a hostalaría ou o comercio, como o seu programa de desestacionalización do turismo reLAXEse, que se convertiu nun referente comarcal.

Xosé Manuel Pose, axente comercial e técnico especialista en diversas áreas relacionadas coa xestión de pequenas e medianas empresas, leva toda a súa vida laboral vinculado á empresa: durante 25 anos, no sector do tabaco, e dende o 2013,  como autónomo no sector da distribución, que compaxina co labor de asesoramento gastronómico para institucións públicas.

Comentarios