luns. 17.03.2025
El tiempo

1 millón de euros para renovar o firme da estrada que une Malpica e Ponteceso

Alcaldes de Malpica e Ponteceso con Belen do Campo
1 millón de euros para renovar o firme da estrada que une Malpica e Ponteceso

Os alcaldes de Ponteceso, José Manuel Mato e Malpica, Eduardo Parga, recibían onte na comarca á delegada da Xunta, Belén do Campo, e á directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, para anunciar as obras de reposición do firme na AC-419 ao seu paso polo concello de Malpica e Ponteceso.
Concretamente, do punto quilométrico 0+000 ao 1+960 no concello de Malpica de Bergantiños, e do punto quilométrico 1+960 ao 11+300 no concello de Ponteceso. En total máis de 11 quilómetros.

As obras, que se llicitaron onte, contan cun cun orzamento de case 950.000 euros e consistiran en fresados localizados e na súa reposición, segundo as necesidades concretas da vía obxecto desta intervención.


A delegada da Xunta explicou que esta actuación inclúese nun contrato máis amplo, que inclúe outras 3 máis da provincia da Coruña (AC-432, AC-411 e AC-442) que pasan polos municipios de Vimianzo, Camariñas, Santa Comba, Mazaricos, Zas e Dumbría, cun investimento de case 3M€ e benefician a unha poboación de preto de 43.000 habitantes dos 8 concellos.

Comentarios