Venres. 29.03.2024
El tiempo

#25N: Malpica acolle un coloquio con David Kaplún e Ana Saavedra e unha obra de teatro dos Quinquilláns

Cartel_actos_25N Malpica
#25N: Malpica acolle un coloquio con David Kaplún e Ana Saavedra e unha obra de teatro dos Quinquilláns

Este 25N, a Concellaría de Igualdade de Malpica ten preparada unha campaña de sensibilización con varias accións. Non faltará a lectura do manifesto, que se realizará o mesmo xoves 25 ás 12:00h na praza Anselmo Villar Amigo. Pero ademais, o Centro Comarcal de Buño acollerá un coloquio ás 18:00h da tarde con David Kaplún e Ana Saavedra (Asociación MIrabal).

Durante o coloquio, profundarase nunha análise da sociedade e do proceso de socialización para comprender por que se perpetúan estereotipos e roles e por que se lexitima a discriminación cara as mulleres. Con esta charla queremos "invitar ás mulleres e homes do municipio a acudir ao centro comarcal para charlar de xeito ameno e reflexionar sobre a necesidade de visibilizar e erradicar dunha vez os comportamentos machistas e patriarcais”.

Teatro de igualdade

Liberto en Malpica

Mentres, a XVII Mostra de Teatro do Concello de Malpica continúa a resultar todo un éxito. O pasado venres a representación de “Liberto” rexistrou un cheo absoluto no auditorio do Centro Cívico. A cargo da compañía Rebordelos S. L., Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao trasladaron, con música en directo, que o amor pode manifestarse de múltiples formas, pero sempre esixe valentía.

Este venres ás 20:30h toca cita con “A pluma viva de Rosalía”, de Os Quinquilláns, que versará sobre liberdade e igualdade a partir de textos da célebre Rosalía de Castro. Está baseada nun feito real de censura á obra da escritora galega.
Cómpre reservar a súa entrada a través do correo [email protected].

Comentarios