Mércores. 27.10.2021
El tiempo

45 insercións laborais en un ano cos cursos de formación da Xunta

45 insercións laborais en un ano cos cursos de formación da Xunta

Onte tiña lugar o peche do curso de camareiro en Malpica. Un curso que achegou aos 15 asistentes 40 horas de formación específica co obxectivo de aumentar as súas competencias cara ao mercado de traballo e as súas opcións de atopar un emprego.
Estes son parte dun total de 412 persoas que participan actualmente no II Plan Galego de Inclusión Social (II PGIS) da Consellería de Traballo e Benestar nas comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra.

Para estes participantes, que se achegaron ao plan a través de oficina de inclusión de Carballo, os técnicos deseñaron un itinerario personalizado de inserción, un percorrido a seguir que inclúe as accións formativas máis idóneas para o perfil de cada un e que ten como obxectivo último o de acadar a inserción sociolaboral.

O xerente do Consorcio salientou que o labor desenvolvido dende a oficina de inclusión de Carballo, que abarca as tres comarcas antes citadas, tivo como resultado neste ano 2011 un total de 45 insercións laborais na zona.
En canto as cifras totais en Galicia, o xerente indicou que as accións formativas impartidas ao longo deste ano 2011 beneficiaron a máis de 1.200 persoas e o total de insercións laborais foi de 640. Actualmente o II PGIS ten 7.856 participantes.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios