![raiganas cerqueda]()
Unha das asociacións culturais máis veteranas da Costa da Morte busca relevo directivo. Así que este domingo, 16 de outubro, ás 17 horas terá lugar no local sociocultura das Pozacas a celebración daa asamblea xeral da asociación cultural Raigañas de Cerqueda na que o primeiro punto da orde do día é a
disolución da actual directiva e a convocatoria para a reeleción dunha nova.
A actual presidenta - Begoña Gómez - recoñece que ten a esperanza de que haxa relevo para esta directiva que leva 36 anos en acción e converténdose así nuns dos referentes da música e do baile tradicional.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- A.C. Raigañas