luns. 11.11.2024
El tiempo

A débeda da adxudicataria de 4 comedores escolares de Bergantiños chega o Parlamento

A débeda da adxudicataria de 4 comedores escolares de Bergantiños chega o Parlamento
O comedor do CEIP de Buno necesita melloras Imaxe dun comedor escolar

Este pasado xoves, a parlamentaria socialista Begoña Rodríguez Rumbo levou a Parlamento a necesidade de que a anterior empresa adxudicataria dos comedores escolares do Lote 3 de Bergantiños, salde todas as súas débedas. Rumbo presentou unha pregunta na Comisión de Educación na que sinalou que Gescor segue sen pagar a débeda cos traballadores e ten pendente o pago de 5.000 euros a unha panadería.

A responsable socialista criticou a lentitude do goberno galego á hora de facer fronte ás queixas provocadas polas eivas rexistradas nos centros escolares CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro de Cerceda, CEIP Bergantiños e CEIP Gándara Sofán de Carballo, e os CEIP Joaquín Rodríguez Otero e o CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños.

Así, aínda que o goberno galego rematou rescindindo o contrato, a día de hoxe mantense a débeda da empresa tanto cos traballadores como cos provedores locais, polo que reclamoulle ao goberno galego que “poña os medios para que esta xente cobre” e a mediación para saldar a débeda cos comercios.

Comentarios