Mércores. 06.11.2024
El tiempo

A Deputación segue apostando forte pola Mostra de Olería

A Deputación segue apostando forte pola Mostra de Olería
Convenio da Deputacion co Concello de Malpica pola MOstra de Oleria

”Seguir convertendo en rendible e de futuro unha artesanía centenaria supón unha riqueza non só a nivel local, senón tamén provincial”. Así o entende o deputado de Promoción Económica e Empresa, José Luis García García, que vén de asinar un convenio co alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, para o financiamento da Mostra da Olería de Buño. Ambas institucións consideran a olería un motor que “repercute favorablemente como medio de desenvolvemento económico, social e xerador de emprego e riqueza”.

A Deputación Provincial da Coruña achegará un total de 80.000 euros, que supoñen o 80 % do orzamento da 33ª Mostra da Olería de Buño, que se celebrará do 5 ao 15 de agosto. Este ano o programa inclúe varias novidades, entre elas actuacións musicais todos os días, unha ofrenda floral de homenaxe ao Doutor Luciano García Alén o día da inauguración, un tren turístico que funcionará as fines de semana ou a visita dos Bolechas, que coincidirá coa presentación do libro infantil “Os Bolechas visitan a Mostra da Olería”. Os postos de exposición e venda estarán situados no Parque Luciano García Alén, onde tamén se desenvolverán a maior parte das actividades. O Ecomuseo do Forno do Forte será outro dos escenarios da Mostra da Olería, coa Cocedura Tradicional como prato forte o sábado 6.

Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

Comentarios