![]()
Xa queda pouco para a
festa Galega e a
feira Medieval Mariñeira que encherán de actividade as rúas de malica entre o 17 e o 19 de agosto.
Catro grandes nomes da música tradicional galega pasarán polo escenario do porto entre os días 17 e 18 de agosto:
Susana Seivane,
Os da Porfía,
Luar na Lubre e
Coanhadeira. Ainda que non serán os únicos xa que tamén actuarán as diferentes agrupacións de música tradicional do concello xuntos coas bandas de gaitas locais e convidadas.
Mentras a festa Galega acada xa a súa 11ª edición, a feira Medieval Mariñeira cumpre 6 anos. Coa apertura dos postos de artesanía e gastronomía que se situarán ao longo da rúa Eduardo Vila Fano comezará a celebración a partir das 11:00 horas do día 17 de agosto. A música galega comezará a soar ás 22:00 horas coas pandereteiras da A.C. Raigañas sobre o escenario do porto, ao que subirán ás 22:30 as Feiticeiras da A.C. Malante. Para as 23:00 horas está previsto o concerto de Susana Seivane, unha das nosas gaiteiras máis internacionais, que está a piques de lanzar o seu quinto disco, e para pechar a velada estarán a partir das 00:15 horas Os da Porfía, sete homes que despois de formar parte durante anos de distintas agrupacións decidiron
iniciar un proxecto común interpretando temas recollidos por eles e cunha indumentaria que xa é un dos seus sinais de identidade.
O día 18 volverá a animación ás rúas de Malpica desde as 11:00 horas coas actividades da feira Medieval Mariñeira. E tamén pola mañá, ás 12:00 horas, sairá do centro Cívico o tradicional desfile de Bandas de Gaitas da asociación cultural Malante, un encontro de música tradicional que cumpre seis anos e que xunta, á parte da entidade organizadora, ás bandas de gaitas de Calo (Teo), Ximiela (Louro-Muros) e Ortigueira. Para pechar a mañá do sábado está prevista unha xurelada tradicional coa
colaboración da A.C.D. A Estádiga.
A música volverá pola noite ao porto. A segunda sesión nocturna da festa Galega arrancará ás 22:30 horas coas cantareiras Meigallo da A.C Carcaxía. Para as 23:00 horas está programado o concerto de Luar na Lubre, a banda celta máis internacional de Galicia, que leva máis de 30 anos sobre os escenarios e que continúa reinterpretando a nosa música tradicional. Para pechar a velada estarán, a partir da 01:00, Coanhadeira - unha banda ourensá de folk que desde o ano 2006 está dedicada a amosar a música conservada ata os nosos días a través da tradición oral. Os seus directos están
cargados de forza -. E despois de dous días de música, o domingo 19 continuará a feira Medieval Mariñeira
con animación durante doce horas, de 11.00 a 23.00.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/susana-seivane-e-luar-na-lubre-subiranse-ao-escenario-da-festa-galega-de-malpica/
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Malpica