Venres. 11.10.2024
El tiempo

A maxia chega ás noites de Malpica

A maxia chega ás noites de Malpica
O mago Noel ofrecera as 2030 deste sabado un espectaculo de maxia O mago Noel ofrecera as 2030 deste sabado un espectaculo de maxia Malpica arranca este sábado o seu programa Noites na Vila a base de maxia cun ciclo de nivel internacional. Así, esta fin de semana terá lugar no paseo marítimo o primeiro dos sete espectáculos de ilusionismo e teatro que se levarán a cabo ao longo do verán na vila malpicana. A programación posta en marcha pola concellería de Educación, Cultura e Turismo arranca este sábado, 2 de xullo, ás 20:30 horas, coa actuación do Mago Noel dentro do ciclo Malpica Máxica, que inclúe catro espectáculos internacionais. O día 9, de feito, estará en Malpica o Mago Camawey, de Cuba, e o 16 collerá o relevo o Mago Carlos Adriano, de Arxentina. A última actuación será o 12 de agosto e reunirá aos magos galegos Dani e Rafa co espectáuclo “O Baúl do Mago”, do que ofrecerán varios pases de 10 minutos dende as 17 ata as 21 horas. Viaxe ao ano 1933 Por outra parte, o concello de Malpica tamén volverá a poñer en escena o seu Retablo de Fantoches Rafael Dieste, que por terceiro ano lembrará a estrea de “La doncella guerrera” na vila o 20 de outubro de 1933, no marco das Misións Pedagóxicas. A primeira representación será o 23 de xullo. Microminia Títeres ofrecerá no paseo marítimo “Vacacións no mar”, un espectáculo de títeres de luva e siluetas apto para todos os públicos. O 6 de agosto será a quenda de Títeres Cachirulo con luvas chinesas e variñas para dar vida a “Alicia no país das marabillas”. E, por último, o 13 de agosto chegará a Tropa de Trapo con “Zona de obras”, no que mesturan contos con música e obxectos de reciclaxe. Todos os espectáculos serán ás 20:30 horas no paseo marítimo e no caso de choiva trasladaranse ao auditorio do Centro Cívico. Novas relacionadas Fonte

Comentarios