A piques de rematar a estrada entre Agolada e Buño


Esta semana estarán rematados os traballos de mellora do firme da estrada AC-421, que une o lugar de Agualada, en Coristanco, e o de Malpica de Bergantiños. Unha estrada que tamén pasa polo Concello de Ponteceso, unindo a estrada que vertebra de norte a sur a bisbarra con Malpica.
En total, actuouse sobre máis de 14 quilómetros de lonxitude desta vía entre os lugares de Agualada e Buño, onde se procedeu á realización de labores de afirmado nos treitos da calzada máis deteriorados, que consistiron na extensión de lechadas bituminosas en dúas capas nunha extensión de preto de 43.000 metros cadrados.
A finalidade desta actuación, que se está a completar estes días co pintado e coa reposición da sinalización horizontal e vertical, é o de incrementar as prestacións da estrada e así mellorar a súa adherencia e, por tanto, a seguridade viaria.
Neste treito, xa se levaran a cabo hai varios meses outras labores para mellorar a drenaxe, coa apertura dunha cuneta en terra e a construción dun tramo con dren e cuneta revestida. En total, a inversión destinada polo departamento autonómico a estes proxectos foi de 225.359 euros.
Novas relacionadas
Fonte
- Xunta.