Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Fútbol e Patrimonio únense en Cerqueda

Fútbol e Patrimonio únense en Cerqueda
Futbol e patrimonio unense en Cerqueda Agrádanos ver parroquias coma esta na que as súas entidades camiñan da man. Desta forma, a UD Cerqueda quere sumarse á iniciativa de promoción turística desta parroquia malpicá nacida arredor do proxecto A Croa do Castro de Cerqueda no cal colectivos parroquiais e concello tratan de recuperar este recinto castrexo. Para iso, Alberto Pose, representante deste equipo de fútbol e comentarista deportivo, xunto con Eduardo Parga Veiga, alcalde de Malpica de Bergantiños, e Manuel Chouciño Garrido, presidente da A.VV. Monte d’Arxa, un dos colectivos promotores do proxecto de divulgación deste castro, reuníronse nas oficinas da Casa do Concello para oficializar este apoio divulgativo. A UD Cerqueda, que realizou unha grandísima tempada este ano, na que acadou o título de liga e o ascenso de categoría, inserirá na súa camiseta as letras «A Croa do Castro de Cerqueda». Isto terá un gran impacto de divulgación non só nos campos de fútbol nos que xogue o equipo, senón que tamén terá eco en todos os sectores que rodean este deporte. ¡Un bo exemplo de unión para toda a bisbarra! Avances no proxecto da Croa Pola súa banda, o proxecto de recuperación da Croa do Castro continúa a andar camiño. A primeira fase está pendente da poxa pública duns eucaliptos que hai no interior da súa parte alta. Tras a tala, poderá levarse a cabo a segunda fase: aplicación do gradiómetro (radar terrestre) a todo o recinto interior para descubrir a globalidade de posibles estruturas soterradas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios