Martes. 19.10.2021
El tiempo

Alfredo Cañizo deixa o tripartito malpicán

alfredo canizo copia
Alfredo Cañizo deixa o tripartito malpicán

”É unha decisión moi meditada. Estou triste, pero tamén aliviado, porque non podo permitir que me humillen”. Fala Alfredo Cañizo, anunciando que deixa o grupo de goberno tripartito que leva gobernando dende 2019 xunto con PSOE e BNG. Cañizo presentou xa telemáticamente a súa dimisión como responsable das súas áreas, pero non deixa a súa acta de concelleiro.

”Levo moitos anos na política, e creo que hai que ser humilde. E é certo que hai moitas discrepancias co PSOE, sobre todo co alcalde, e non podo permitir que se estean metendo nas nosas áreas ou que non se cumplan os acordos….”, explica falando da súa relación, ata agora amistosa co alcalde socialista Walter Pardo.
”Falsedades non as permito. Non pode ser que me entere que outro están facendo cousas da miña área. O alcalde que se ocupe do seu, que non é o meu xefe”, sentenza.

Matiza que non ten “ningunha discrepancia contra o BNG”, pero deixa claro que “tiña que marchar, pola miña saúde e polo meu pueblo. E non quero ser cómplice da parálise do noso pueblo”, acusa. ”Eu son espontáneo, sanguíneo, rebelde. E conto co apoio total da miña familia para esta decisión”.

Precisamente mañá é a inauguración da Mostra de Olería de Buño. "Ir á presentación sería un acto de chulería que unha persoa humilde coma min non debería facer. Organicei a Mostra si, pero agora teño que dar o paso a un lado", confirma.

Agora o grupo de goberno queda coxo. Os 4 edís socialistas e os 2 do BNG non chegan para a maioría, cun PP que tamén conta con 6 edís. 
Sobre a posibilidade de falar co PP, Cañizo deixa a porta aberta a todo, e a moción de censura fica xa no ambiente.

Novas relacionadas

comentarios