Venres. 29.05.2020
El tiempo

Álvaro Cunqueiro tamén quere xantar nas Garzas

Álvaro Cunqueiro tamén quere xantar nas Garzas

Non para de recibir estrellas, premios, felicitacións... O Resturante As Garzas de Malpica recollía onte un novo recoñecemento no marco da XVIII edición dos Premios de Gastronomía de Galicia “Álvaro Cunqueiro”, organizados polo Concello de Lalín en colaboración coa Secretaría Xeral para o Turismo e coas Asociacións Gastronómicas de Galicia.

O xurado decidiu outorgar o premio ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da cociña galega no ámbito galego ao restaurante As Garzas, de Malpica.

Así mesmo decidiu conceder o premio ao profesional que máis sobresaíu na potenciación da cociña galega fóra de Galicia ao restaurante La Solera, de Barcelona.
O premio á empresa que máis contribuíu á promoción de produtos gastronómicos galegos recaeu en Ingapán S.L., de Lugo cunha ampla traxectoria no sector das masas conxeladas e da pastelería.

Xurado

O xurado dos Premios de Gastronomía de Galicia, presidido polo subdirector do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Luis Rial Sieiro e co concelleiro de Turismo de Lalín, José Antonio Rodríguez Fernández, como vicepresidente, estivo conformado polo presidente da Asociación Gastronómica Amigos da Cociña Galega, José González Solla; o presidente do Club Gastronómico Rías Altas, José Martínez Vidal; o membro da Asociación Gastronómica A Lareira, Alfredo Castrelos Vázquez e por José Luis Iglesias González, en representación da Asociación de Amigos da Cociña Galega.

A entrega destes galardóns terá lugar no transcurso da Gran Gala da Gastronomía de Galicia que se celebrará o vindeiro venres 10 de febreiro no Lalín Arena, retransmitida en directo por Televisión de Galicia.

Máis novas gastronómicas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

comentarios