mércores. 13.11.2024
El tiempo

A CMAT convoca o IV Encontro de Turismo da Costa da Morte

CEA_TORRE_DE_LAXE_Conferencia Starlight
Xente da Costa da Morte na Conferencia Starlight celebrada o pasado mes no Torre de Laxe
A CMAT convoca o IV Encontro de Turismo da Costa da Morte

O martes 12 de novembro de 2024 a partir das 18 horas, a CMAT organiza no Pazo de Trasariz (Vimianzo), co apoio financeiro de Turismo de Galicia, o IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte. Un evento de carácter anual cuxo obxectivo principal é o intercambio de experiencias para o desenvolvemento económico e social do xeodestino turístico da Costa da Morte.

Este encontro, que o ano pasado celebrou a súa terceira edición na Torre de Laxe, reúne cada ano a diferentes axentes públicos e privados implicados no desenvolvemento do sector turístico da Costa da Morte. Unha oportunidade para fomentar o traballo en rede e as sinerxias. Ademais,
é ocasión para que a CMAT poña en valor as diferentes accións levadas a cabo durante o ano.


I Concurso Fotográfico «Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe»

Como novidade durante a edición deste ano 2024, haberá unha exposición coas fotografías finalistas do  I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe organizado pola CMAT, que aínda segue aberto á participación do público ata o 30 de outubro ás 23:59h.

Durante o Encontro de Turismo deste ano 2024, tamén se levará a cabo unha exposición de. artesanía da Costa da Morte, cuxo relato expositivo será a «Tradición e Innovación na Artesanía da Costa da Morte». Ademais, no Encontro tamén se entregará o II Premio Embaixador Costa da Morte, que na edición do ano pasado recaeu sobre a figura do catedrático de física aplicada da USC, o baiés Jorge Mira.

Comentarios