Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A artesanía volve ao centro da XXXVII edición da Mostra de Olería de Buño

Presentación Cartaz Mostra de Olaría
A artesanía volve ao centro da XXXVII edición da Mostra de Olería de Buño

Do 12 ao 15 de agosto a artesanía será a gran protagonista en Buño. A XXXVII Edición da Mostra de Olería de Buño devólvelle o protagonismo á artesanía despois dunha pasada edición onde compartía cartel coa música. Os postos de venda, as exposicións permanentes no parque Luciano García Alén e as demostracións co torno serán os grandes epicentros da programación.

Así o debullaron onte Forno dos Mouróns unha comitiva comandada polo alcalde, Walter Pardo; xunto á concelleira de Cultura e Olaría, Leticia Varela; o concelleiro de Deportes, Miguel Varela; o edil de Turismo, Alfredo Cañizo e varios membros da Asociación Oleira.

Si que haberá pasarrúas das asociacións culturais municipais, e haberá un par de actividades nas que a muller oleira será o centro, como a exposiciñon “Sen elas non hai olería”, a charla coloquio “Alfarería e a muller”, ou o espazo expositivo das xa coñecidas Zoquiñas Vermellas.
Tamén haberá espectáculos para a rapazada con maxia, xogos tradicionais e obradoiros adaptados ás súas idades.

O cartel está baseado nunha ilustración de Leandro Lamas, un pintor e ilustrador de Neda, que fixo a súa primeira exposición no ano 1998. A súa idea foi empregar as cores tradicionais da cerámica de Buño e a muller como protagonista, representada dando forma a unha peza.

Cartaz Mostra

Novas relacionadas

Comentarios