As bicis, os patíns e coches clásicos serán os protagonistas do domingo en Malpica
08:10 07/10/16
Malpica prepárase para vivir un domingo cargado de actividades. Así, terá lugar 1º roteiro BTT Croa do Castro de Cequeda organizada polo clube ciclista Cequeda en colaboración co concello de Malpica. A proba comeza ás 9:30 hora e o punto de saída e o da meta será o recinto arqueolóxico da Croa do Castro.
Tamén o domingo se disputará o 1º trofeo de Patín organizado polo clube Velúa e que conta coa colaboración da concellería de Deportes de Malpica. No evento participarán trece clubes de toda a comunidade.
Os coches clásicos percorrerán este domingo o municipio con motivo da II xuntanza de coches clásicos. Ás 11:30 horas concentraranse na cafetería Tramo de Buño para dende alí visitar o Ecomuseo Fono do Forte. Ás 13 horas está previsto que cheguen á rúa Eduardo Vila Fano.
Actividades anuais
Vinte nenos e nenas comezaron o obradoiro de manualidades
Por unha parte, xa están en marcha os obradoiros de manualidades organizados pola concellería de Educación, Cultura e Turismo. O alcalde, Eduardo Parga, quixo empezar o curso cos máis pequenos e pequenas, un grupo de máis de vinte nenos e nenas que traballarán durante os próximos meses coa monitora Lucía Villanueva, divididos en varios grupos en función das súas idades, no centro Cívico de Malpica.
Tamén botan a andar os obradoiros de manualidades para adultos, tanto en Malpica coma en Buño. As persoas que queiran incorporarse aínda están a tempo dirixíndose ao departamento de Educación e Cultura, de 9 a 14 horas (luns a venres), ou chamando ao 981 707 104.
Erro no BOP
Noutra orde de cousas, a concellería de Deportes de Malpica aclara que o Boletín Oficial da Provincia - BOP - publicou o pasado martes, a causa dun erro, unha convocatoria de axudas para o fomento de actividades deportivas que non está aberta. O departamento que dirixe Iago Espasandín pide desculpas polas posibles molestias ocasionadas e informará puntualmente sobre as convocatorias que se realicen no eido deportivo.
Novas relacionadas
- Trece clubes galegos participan no 1º trofeo de Patín de Malpica
- Cincuenta persoas participan no programa de envellecemento activo de Malpica
- Malpica pon en marcha o seu programa de envellecemento activo
- Malpica retoma en setembro o programa Concectad@s con dous novos cursos
- Redacción QPC ([email protected])
- Malpica