Sábado. 04.05.2024
El tiempo

As forzas vivas de Cerqueda analizan o proxecto do Campo da Festa

As forzas vivas de Cerqueda analizan o proxecto do Campo da Festa
Os colectivos da parroquia malpicá de Cerqueda reunírons o pasado venres na Axencia de Lectura de Aldeola. Representantes da Comisión de Festas, da Unión Deportiva Cerqueda, da Asociación Cabalar Os Veteranos e da Asociación de Veciños Monte d’Arxa, mantiñan unha reunión a petición da Asociación de Veciños Monte d’Arxa, co obxectivo o de informar sobre o “Proyecto de adecuación de parcela municipal para la creación del Parque Recreativo y Deportivo de Cerqueda”. Logo de revisaren o proxecto do Parque Recreativo e Deportivo de Cerqueda, ou máis coñecido por Campo da Festa, os colectivo emitiron as súas opinións razoadas e que pasamos a expoñer a cotinuación:
  • Os representantes da Comisión de Festas manifestaron que nesa parcela, que o proceso de concentración deixou para beneficio de uso público, necesitan o maior espazo dispoñible á hora da realización das festas parroquiais, así como para aparcadoiro e colocación de atraccións para as que no pasado 2010 tiveron que arrendar parcelas privadas lindantes.
  • O representante da Unión Deportiva Cerqueda non fará uso dese espazo desde o punto de vista deportivo, aínda que si o podería facer en varias actividades sociais que desenvolve nalgún momento da tempada.
  • O representante da Asociación Cabalar Os Veteranos declarou que para a festa cabalar que realizan cada mes de maio necesitan todo o espazo da parcela e mesmo lle queda pequeno para desenvolver as súas actividades de degustación gastronómica e exhibición equina.
  • Os representantes da Asociación de Veciños Monte d’Arxa manifestaron que nesa parcela tamén lles é imprescindible o maior espazo dispoñible posible para realizar a tradicional Fest’Arxa que celebran, con gran concorrencia de público, cada último sábado de xuño. De estar esta parcela acondicionada para usos sociais, non tería que pedirlle emprestada unha finca a unha das súas socias.

Novo aparcadoiro

Ademais de todo isto, por unanimidade os colectivos presentes acordaron que a mellor obra que se podería realizar nesa parcela municipal sería a explanación da mesma e non só para os usos citados dos colectivos anteriores, senón tamén como o único e mellor espazo de aparcadoiro nos días de celebracións relixiosas, por citar tan só outro a maiores.

En contra do proxecto municipal

Ademais, os colectivos presentes, á parte das necesidades propostas arriba, maniféstanse totalmente en contra do proxecto municipal por catro razóns:
  • Primeira, ningún colectivo rexeita que o Concello invista en infraestrutura adecuadas, sensatas, necesarias e consesuadas ó longo dos lugares da parroqui de Cerqueda.
  • Segunda, se o Concello quere realizar investimentos deportivos deberíaos facer nas polideportivas de San Cristovo e das Pozacas ou no campo de fútbol do Ceán, que tan necesitados están de mantemento.
  • Terceiro, no tocante a área recretiva valada para rapaces é totalmente innecesaria dado que xa hai catro áreas dese tipo na parroquia totalmente infrautilizadas e cubertas de maleza gran parte do ano. A maiores, se o concello desexa crear unha área de xogos o mellor sitio sería detrás do centro das Pozacas debido a que ese é un espazo de concentración de rapaces cando acoden ás actividades desenvoltas nese local social.
  • Cuarto, nunca a parroquia de Cerqueda puido contar cun espazo amplo para realizar actividades de masiva afluencia de xente e vehículos. Os representantes da comisión local da parcelaria souberon ver isto e suxeriron ós técnicos de Medio Rural para que deixase unha parcela ampla nun lugar céntrico preto da igrexa. Por fin xa non se aparcaría nas corredoiras os días de misa. Por fin, a comisión non tiña porque lear cos veciños para que lle emprestasen leiras enlamadas para o día da festa. E agora o concello sácase da manga un parque recreativo e deportivo, totalmente innecesario, que bota por terra o tan ansiado espazo público.

    Achegarlle as peticións ao concello

    Por último, a reunión destes colectivos pechouse cun último punto aprobado tamén por unanimidade: remitir estes acordos ó Alcalde de Malpica de Bergantiños, ó resto de membros da corporación municipal, así como facelo público na prensa de inmediato.

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Nota de prensa da Asociación de Veciños Monte d'Arxa.

Comentarios