As San Silvestres de Baio e Malpica, e o Brinde Leiteiro coa MZ, as citas máis singulares para despedir 2017
O Brinde Leiteiro de Mazaricos xa é unha data fixa
Non se puido completar o tridente de divertidas San Silvestres costeiras para despedir o 2017, pois Mazaricos tivo que suspender a súa polas inclemencias meteorolóxicas, e a cousa quedou nun fantástico Brinde Leiteiro, xa convertido en tradición.
Pero por Malpica e Baio si que disfrutaron da simpática carreira popular que serve para pechar un ano deportivo.
En Malpica
Saída da San Silvestre Malpicana
Por Bergantiños, a AC Malante xa marca como data fixa esta San Silvestre Malpicana, exclusiva para valentes. Pasárono de medo os participantes de todas as idades.
Ateigada Malpica coa San Silvestre
En Baio
Saída da San Silvestre de Baio
Pola comarca de Soneira xa era a X Milla de Baio, e a decana das San Silvestres costeiras non defraudou. Aínda que o deportivo era o de menos (participaron 40 maiores e 17 pequenos), en maiores venceu Martín Regueira, en mulleres Teresa Castro, e nos pequenos, Lucas Mira.
Participantes na Milla de Baio
Novas relacionadas
- 2016: Baio, Malpica e Mazaricos despediron o ano gozando da diversión das súas San Silvestres.
- 2014: Batman, papás noel, aviadores, animais, e selfies na San Silvestre de Baio.
- 2012: A San Silvestre disfrazada de Baio.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).