![parques-infantis-malpica]()
O alcalde e o responsable da empresa obras Ramón Cotelo asinaron onte o contrato para execución das obras
O alcalde de Malpica - Eduardo Parga - asinou onte o contrato para a execución das
obras de acondicionamento dos parques infantís do CEIP Milladoiro e de Beo. Os traballos serán executados pola empresa obras Ramón Cotelo por un importe de 39.800 euros.
Con esta actuación -
financiada cos fondos do Plan de Acción Social (PAS) 2015 - o goberno municipal de Malpica sigue apostando por mellorar os servizos públicos a disposición das familias. Despois das importantes obras de construción e mellora dos parques infantís de Malpica, Buño e Cambre, realizadas nos últimos tempos, o concello continúa agora poñendo a punto as infraestruturas infantís en lugares con tanta intensidade de uso coma o colexio.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Malpica