Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Asociacións e Concello volven unirse en Malpica para levar o Nadal ás parroquias

Asociacións e Concello volven unirse en Malpica para levar o Nadal ás parroquias
Aroa-Nagora-Carla e Pablo Premiados do Concurso de Nadal de Malpica 2018 co alcalde Eduardo Parga Aroa, Nagora, Carla e Pablo, os Premiados do Concurso de Nadal de Malpica 2018 co alcalde Eduardo Parga Nadal Malpica 2018 Postal O Concello de Malpica vén de presentar o seu completo programa de Nadal. E aproveitou a presentación para facer a entrega dos premios aos gañadores dos concursos de Nadal:
  • Aroa Veiga Cerdeira, CRA Nosa Señora do Faro (Mens), gañadora concurso cartel.
  • Carla Varela, IES Urbano Lugrís. Gañadora concurso saúda dixital.
  • Nagore Rodríguez Blanco, CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño, gañadora Premio Pantalla Dixital.
  • Pablo Varela Añón, CEIP Milladoiro de Malpica, gañador Premio Saúda de Nadal prensa.

Un programa polas parroquias

O programa completo, que quere visitar todas as parroquias e que conta coas asociacións para elo. Xa comezou en clave de manualidades (pintura, adornos…) e que este domingo 16 de decembro ten o seu primeiro Nadal Xogo, cunha festa infantil a partir das 16:00h na casa dos veciños de Leiloio. Ao longo da vindeira semana os centros de ensino recibirán a visita dos Reis e Papa Noel. Xa Chegando á fin de semana, o venres 21 haberá concerto, cos Cantos de Nadal de Emilio Rúa e Rosa Cedrón, no Centro Cívico a partir das 20:30h. O sábado 22, proxección de Sicixia. Non faltará o Apalpador da man a AC Carcaxía o domingo 23 cunha visita á Casa da Cultura de Seaia. A semana do nadal, propiamente dita, haberá un Campamento de conciliación, que inclúe unha visita ao Silleda Park. Outra das citas para maiores será a conferencia sobre o centenario do filántropo Anselmo Villar, da man de Chema Rei e Xosé María Varela, o sábado 29 de nadal ás 19:00h na Casa do Pescador. O luns 31 correrase a 3ª San Silvestre Malpicana e no Centro Cívico celebrarase unha festa fin de ano. Terán choio os Reis por Malpica pois farán 3 rutas durante o sábado, e non terán descanso tampouco o domingo 6 de xaneiro.

Comentarios