venres. 15.11.2024
El tiempo

O BNG critica a nova modificación de crédito aprobada polo goberno malpicán

miguel_varela BNG Malpica 2022
Miguel Varela, candidato do BNG malpicán
O BNG critica a nova modificación de crédito aprobada polo goberno malpicán

O pleno do pasado 30 de marzo traía un importante punto na orde do día: o Recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2023. Un suplemento de crédito por importe de 228.000 euros que para o BNG pon de manifesto “a ineficacia e pésima xestión do grupo de goberno dos cartos de todas as veciñas e veciños de Malpica.”

Lembra o voceiro e candidato do BNG que Miguel Varela que “no pleno do 24 de novembro de 2022, trouxeron un suplemento de crédito por importe de 904.000 euros, dos cales 280.000 eran para a adquisición de terreos e 623.000 para pago de facturas a provedores que non tiñan consignación orzamentaria xa que o orzamento estaba esgotado. Agora en este pleno traen outro suplemento de crédito por importe de 228.000 euros co cal fan un total de 1.133.000 euros de recoñecemento extraxudicial do ano 2022 para pago de facturas que non tiñan consignación orzamentaria. Así pois gastaron un total de 5.277.221 euros do orzamento máis 1.133.361 euros con cargo ao remanente de tesourería sen ningún tipo de control de gasto”, sinala.

”O total descontrol e despreocupación por parte do grupo de goberno en canto a xestión do concello, coa súa política de “Festas, Farolas, Bacheos e Pídeme o que queiras que paga o concello”, está poñendo en risco a estabilidade económica do concello, é unha absoluta irresponsabilidade por parte de este grupo de goberno a despreocupación e falta de rigor á hora de xestionar os cartos de todas as veciñas e veciños de Malpica”.

Comentarios