Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As “Bravas” de Isabel Risco invadiron Malpica

Isabel Ricso trouxo Bravas a Malpica
As “Bravas” de Isabel Risco invadiron Malpica

O auditorio do Centro Cívico de Malpica acolleu a última hora da tarde deste pasado sábado 27 de novembro, a representación “Bravas”, de Isabel Risco, unha historia que xira arredor das mulleres. Foi a sexta cita da 17ª Mostra de Teatro do Concello. Trátase dunha produción que versa sobre mulleres sen medo, mulleres que forman parte dun valoroso clan, o clan que elas mesmas paren, aleitan, manteñen, constrúen cos piares da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade.

O vindeiro venres (Centro Cívico, 20.30 horas) será a quenda “Pinocchio”, de Teatro Ghazafelhos. O aforo limitado, polo que hai que reservar as entradas en [email protected], indicando nome completo, número de DNI e un teléfono de contacto. Colabora nesta iniciativa a Deputación da Coruña.

Comentarios