Buño celebra a Santa Filomena a ritmo de folk

As parroquias de Malpica son unha demostración, gracias á implicación das súas asociacións, do poder bergantiñán en materia de música tradicional e folk. Moitos lembran o Festival Celta de Leiloio como referente da efervescencia da música folk e celta que viviu este país a finais dos anos noventa.
Dende Buño, queren rescatar ese espírito e a activa Asoc. O Quinteiro e a Comisión de Festas aproveitan as Festas de Santa Filomena para organizar o I Festival Folk “O Quinteiro”. A cita será o venres 8 de agosto, e encherán de música o Parque García Alén os grupos A Requinta da Lareira, Fol de Veneno e as Faíscas da Pontragha, que teñen estado no mítico Festival de Lorient.
E como bailar dá fame así que para este evento tamén haberá unha gran churrascada, para a que xa te podes inscribir neste formulario.