Venres. 26.04.2024
El tiempo

Caballero urxe á Xunta mellorar a Atención Primaria da comarca

Gonzalo Caballero en Malpica
Pablo Arangüena, Gonzalo Caballero e Walter Pardo na lonxa de Malpica
Caballero urxe á Xunta mellorar a Atención Primaria da comarca

Visitaba onte Malpica e Camariñas o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. A primeira parada foi, acompañado do alcalde de Malpica, Walter Pardo, visitar a lonxa. Dende alí pediu ao goberno galego que arranxe o porto pesqueiro de Malpica, xa que "está desfeito”.

Pero a idea principal que quixo deixar foi a necesidade de revertir a situación que está vivindo a sanidade pública e, particularmente, a Atención Primaria cando "non hai persoal suficiente" e "non se cobren vacacións nin baixas”.

No caso de Malpica, censurou, "o centro de saúde quedou sen pediatra como cada verán", o cal supón un "enorme prexuízo" para as familias do municipio. "O servizo dos centros de saúde non está ao cen por cen en todo o ano, xa que se reduciu o número de médicos residentes a tempo completo", censurou.

Ademais, Gonzalo Caballero instou a Xunta a que mellore a cimentación da entrada da estrada AC-418, "unha obra que se rematou hai menos dun ano e cuxo resultado evidencia problemas”.

Camiño dos Faros

Tamén deixou claro o apoio da Xunta arredor do Camiño dos Faros e asegurou que "A Xunta ten que aliarse coa Costa da Morte e Bergantiños e esta ruta turística é fundamental para o seu desenvolvemento turístico, económico e cultural”.

Xa en Camariñas, Caballero escoitou as necesidades da alcaldesa Sandra Insua Xunta a "facer investimentos, mellorar os servizos públicos e tamén a dispor dun transporte público de calidade”.

Comentarios