Mércores. 06.07.2022
El tiempo

Carmen Isabel Labrador: "Renovamos a imaxe da Mostra da Olería e incorporamos novos grupos musicias para atraer ás novas xeracións"

Carmen Isabel Labrador: "Renovamos a imaxe da Mostra da Olería e incorporamos novos grupos musicias para atraer ás novas xeracións"
carmen-isabel-labrador-oleira-buno Carmen Isabel Labrador Fariña é a presidenta da asociación de Oleiros de Buño Mañá, ás 17:30 horas, arranca de forma oficial a 34ª edición da Mostra da Olería de Buño. Pero os oleiros da vila levan xa varios meses traballando nesta mostra que é xa todo un referente tanto na Costa da Morte como máis alá das súas fronteiras. Falamos con Carmen Isabel Labrador Fariña, oleira e presidenta da asociación de Oleiros de Buño.
  • QPC : Que trae de novidade esta 34 edición da Mostra da Olería de Buño?
Unha das principais novidades desta edición é o cambio de imaxe da mostra; o logo, a cartelería,... e ademais introducimos dentro do programa novidades en canto á música, xa que este ano os domingos hai unha sesión vermú, este domingo día 6 con De Vacas e o día 13 con Familia Caagmaño. E outra das novidades é a ubicación, que fixemos unha pequena variación na colocación das casetas, do escenario e do bar. 
  • QPC : Cando comeza a Mostra da Olería?
A mostra comeza mañá cun acto inaugural, ás 17:30 horas, no que estarán - entre outros - o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López. A Mostra, que se desenvolve no parque Luciano García Alén, prolóngase ata o día 13 de agosto. En total haberá once casetas que abrirán todos os días de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
  • QPC : Cal foi o motivo renovación da imaxe da Mostra?
A verdade é que nos víamos un pouco anticuados xa que levabámos varios anos coa imaxe anterior. Ademais, queremos que sexa unha imaxe atractiva para un público novo. 
  • QPC : Sesións vermú, festolería,... a música vai estar moi presente na Mostra deste ano!
Si, imos ter moita música. Este domingo, día 6, a partir das 13:30 horas actuarán De Vacas e o próximo domingo, día 13, á mesma hora, acturará o grupo Familia Caamagno. Ademais, tamén tocará mañá Raigañas (ás 17:30horas), o sabábo á noite estará Pelepau e o xoves día 10 será a Festolería coas actuacións de Hellorice, The Cove, Cachas&Cousins e DJ Manuele Caagmano. 
  • QPC : Queredes chegar con estas novidades a outro tipo de público?
Claro, pretendemos que as novas xeracións veñan a desfrutar das actuacións musicais e tamén, de paso, a que coñezan a artesanía. 
  • QPC : A pesar das novidades, o programa da 34ª edición da Mostra da Olería segue tendo citas que non fallan como a da Cocedura?
Si, tanto a Cocedura - que é este sábado - como a queimada tradicional - que é o vindeiro sábado día 12 - son actividades que non poden fallar dentro do programa da Mostra da Olería. 
  • QPC : Canta xente hai detrás da organización dunha mostra desta envergadura?
A maior parte do peso da organización lévaa o concello de Malpica de Bergantiños coa colaboración da asociación Oleira de Buño e da Deputación da Coruña. Ademais, este ano na organización hai dúas persoas novas.
  • QPC : Como é o perfil do público que asiste á Mostra da Olería?
Ao celebrarse no mes de agosto é habitual que haxa moitos turistas, principalmente se hai días que non está tempo de praia que se nota que aproveitan para saír de visita pola zona. Tamén vén xente dende outros puntos da comunidade como Lugo, Pontevedra,... E, por suposto, a mairoría dos visitantes é a xente da Costa da Morte.
  • QPC : Que acollida ten hoxe en día a artesanía?
A xente que a valoraba síguea valorando, o problema é que como non son productos de primeira necesidade a súa venta decau. Por sorte, os artesáns seguimos aí.  Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

comentarios