mércores. 12.02.2025
El tiempo

Catro xornalistas de renome estatal reflexionarán sobre actualide no Foro de Mallas de Area

Foo de Actualidade de Malpica Mallas da Area
Catro xornalistas de renome estatal reflexionarán sobre actualide no Foro de Mallas de Area

Xa temos os nomes que participarán no I Foro de Actualidade de Malpica. A activa e diversa Comisión de Festas ADM Mallas da Area prepara un evento para o sábado 15 de febreiro de calado estatal, coa chegada de catro xornalistas de primeiro nivel, habituais da televisión estatal.

Seguindo a liña do Foro do Mar artellado o verán pasado a entidade quere ofrecer un espazo de reflexión sobre a actualidade desde a 𝐩𝐥𝐮𝐫𝐚𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐞 𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐨𝐫𝐝𝐢𝐚.

Moderados polo periodista da TVG Anxo Pérez, participarán Esther Palomera (xornalista e a adxunta a dirección de eldiario.es); Juan Manuel de Prada (escritor e crítico literario, Premio Planeta); Ana Pardo de Vera (periodista, directora corporativa de Público); e Jesús Cintora, periodista e escritor co que falamos o ano pasado precisamente tras unha visita a Malpica.

A cita será no 𝐂𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐜𝐢́𝐯𝐢𝐜𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐚𝐥𝐩𝐢𝐜𝐚 de Bergantiños, a partir das 18:00h, con entrada de balde ata completar aforo.

Máis novas

 

Comentarios