Cerqueda recupera o seu patrimonio coa gravación dunha Polafía
A fin de semana foi completa no Concello de Malpica. Unha vez visitada a Mikaela, unha das citas máis singulares do entroido costeiro, quedamos en Cerqueda para disfrutar dunha Polafía moi especial. E da man de ninguén que Xosé Manuel Varela Varela para presentarnos a iniciativa.
I é que este ano a Polafía de Cerqueda foi grabada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, para ter unha fonte primaria de incalculable valor patrimonial. A sesión tivo lugar este domingo 13 de marzo no Restaurante Aldeola. e da man das activas Asociación de Veciños Monte d’Arxa (AVMd’A) e a Asociación Cultural Raigañas (ACR) a AELG puido desenvovler as grabacións.
Polos micros pasaron Copleiros, narradores, danzantes e músicos tradicionais, fundamentalmente de Cerqueda, pero tamén doutras parroquias de Malpica de Bergantiños e que recordaban contidos de literatura oral que fan referencia a Cerqueda.
Houbo un pouco de todo. Comezaron por romances da man de Miguel Anxo Calvo e Isidro Novo. Manolo do Vinculeiro, Javier Couto Castro e Eliseo Couto trouxeron os seus contos e lendas. Suso e Antonio de Xornes puxeron voz á regueifa de Bergantiños; Alfredo Caiño, Encarna Suárez, Mercedes Queixas e Isidro Novo contaron as Letanías da Coresma.
As comparsas chegaron dende a Pontella, con Teresa dos Cucos; e as Coplas foron obra de Evangelina Trigo. A mesma sacou a pandeireta xunto a Dolores do Vighán, ademais das pandeireteiras pequenas e medianasda Raigañas como Mar Suárez, Anxos Verdes, Sofía Vila, Estela Arnaud, Icía Varela, Ángela Varela, Rita Pose, Andrea Suárez, Raquel Pose, Mar Costa, e Noelia,
Tempo de Madamitos e Ghuadineiros
E se por Ourense teñen peliqueiros, pantallas ou cigarróns, en Cerqueda temos "Madamitos e Ghuardineiros". Estes singulares persoeiros realizaron un completo percorrido pola parroquia levando as súas pezas cantadas e os bailes.
A fin de festa a puxeron os Gaiteiros da Raigañas, que tocaron o “Pasodobre de Cerqueda”, a “Carballesa de Melide”. Aí estiveron os Miguel Garrido, Sebastián Garrido, Javier Rodríguez, Víctor Suárez, Anxos Verdes, Adrián Martínez, Raquel Pose, Aitor Pose, Mar Costa, Samuel Costa, Pablo Garrido e Sergio Varela.
Novas relacionadas
- A gravación dunha «Polafía» rescatará no Entroido de Cerqueda romances, contos, lendas e vellas coplas satíricas.
- Cerqueda vivirá un entroido marcado pola tradición etnográfica e pola literatura oral.
- Impresionante entroido en Malpica da man das asociacións.
Fonte
- Nota de prensa das A.VV. Monte d’Arxa e A.C. Raigañas.
- Fotografías de Xosé Manuel Varela Varela.