Venres. 19.04.2024
El tiempo

Chegan a Malpica as "Tardes na Biblioteca" e os tallares para adultos

tardes-na-biblioteca-malpica
Este venres arranca o programa coa actuación de Fantoches Baj
Chegan a Malpica as "Tardes na Biblioteca" e os tallares para adultos

Co fin de que os máis novos da casa se animen a adentrarse no mundo das bibliotecas e da lectura, o Concello de Malpica pon en marcha o programa "Tardes na Biblioteca 2022" coa colaboración da Deputación da Coruña e Ler Conta Moito. 

O programa arranca este venres e as sesións serán sempre ás 18:00 horas na biblioteca Eduardo Blanco Amor (situada no 2º andar do Centro Cívico de Malpica". Este venres será comezan as sesións coa actuación de Fantoches Baj que traerán a súa obra “O Tranvía de Leonardo”. Pepe Tafall, xefe do tranvía de Marín a Pontevedra conta a historia do tranvía Leonardo desde o seu nacemento en Bruxelas acompañadas das anécdotas máis simpáticas dos seus tripulantes: Moncho o maquinista e Ramón o do fogón, entre outros. Esta actividade, que dura uns 50 minutos, está pensada para nenos e nenas a partir de 3 anos.

Se seguinte sesión será o 30 de setembro e nesta ocasión Náufragos Teatro dirixirán un obradoiro creativo que leva por título "A biblioteca ideal". Ten unha duración de dúas horas e está pensado para cativos a partir de 3 anos. Nel, os rapaces terán que crear entre todos un libro no que expliquen como sería a súa
biblioteca ideal.

O venres 7 de outubro, chega “Contos coas mans na masa” dirixido a nenos e nenas de 4 anos ou máis. O gran Chef Caxoto proporá nunha hora un menú elaborado con ingredientes de igualdade para demostrar que a cociña non é cousa de mulleres, que nela poden estar tanto os homes como as mulleres, desmontando así os estereotipos de xénero cociñados a lume lento ao longo da historia.

O programa remata o 14 de outubro con Xarope Tulé que fará un espectáculo de narración oral chamado “Roupa tendida”. A idea que buscan é afondar na literatura de tradición oral e contar contos de fai moitos anos para poder reflexionar sobre as crenzas que temos, observalos con perspectiva de tempo, contalas desde a visión daquelas pequenas que se fixeron grandes e cuestionaron unha e outra vez o papel das silenciadas, das subversivas, das que non tiveron voz. Está pensado para nenos e nenas de 3 a 10 anos e ten unha duración de 45 minutos.

Talleres para maiores

Por outra banda, o Concello de Malpica oferta outras actividades para as persoas adultas. Trátase dun taller de memoria, dirixido a maiores de 55 anos, que se impartirá os luns na aula de lecer do Centro Cívico en horaio de 10:30 a 12:00 horas e os venres no CAT (Antigo Centro Comarcal) de 10:30 a 12:00 horas. 

E tamén se está a organizar un taller de manualidades para persoas maiores no que haberá dúas quendas en dúas ubicacións diferentes. Por un lado, en Buño vanse impartir clases na Casa do Oleiro os martes e xoves de 15:45 a 17:45 horas. Por outro lado, a segunda quenda será tamén os martes e xoves en Malpica en horario de 18:00 a 20:00 horas. A actualidade comeza o martes 11 de outubro.

En ambos casos as persoas interesadas poden solicitar praza chamando ao 981 720 280 ou presencialemente no departamento de Servizos Sociais do Concello de Malpica.

Comentarios