mércores. 07.05.2025
El tiempo

Clausurado o programa de envellecemento activo de Malpica

Clausurado o programa de envellecemento activo de Malpica
envellecemento activo malpica Cincuenta persoas participaron no programa de envellecemento activo promomido polo concello de Malpica O alcalde de Malpica - Eduardo Parga-; a concelleira de Servizos Sociais - Marisol Blanco -e o 1º tenente de alcalde - Miguel Fernández - clausuraron o programa de envellecemento activo no que participaron 50 persoas e que está promovido pola concellería de Servizos Sociais de Malpica e subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña. Na entrega de diplomas - que tivo lugar no Centro Cívico - tamén participaron Adolfo López Baña e Sandra Caamaño, administrador e xerente de Máis Porvir, a empresa de economía social que se encargou do desenvolvemento do programa. Un total de 50 persoas, repartidas practicamente a partes iguais entre Buño e Malpica, dispoñen agora de máis ferramentas para poder manter a súa autonomía, ademais de evitar o seu illamento e de favorecer a súa participación social, aspectos que o alcalde destacou na súa intervención como especialmente importantes. Eduardo Parga agradeceu a participación e a boa acollida das actividades, e expresou o compromiso do concello de Malpica coas actividades que contribúen a que as persoas maiores poidan manter unha vida activa. envellecemento activo malpica envellecemento activo malpica Ao longo das últimas semanas, os participantes no Programa de Envellecemento Activo tiveron contacto coas novas tecnoloxías, os traballos manuais, pautas sanitarias e exercicio físico, participaron en excursións e obradoiros de elaboración de xabóns e recuperación de receitas de cociña tradicionais. Como remate da actividade, ademais de recibir os seus diplomas, compartiron unha merenda saudable e unha tarde de baile amenizada pola cantante carballesa Rocío Pérez.

Obras nos camiños

Camino de Barizo e Breo rematado

Por outro lado, o Concello de Malpica de Bergantiños rematou as obras relativas ao Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), que se levaron a cabo en Barizo e Beo cun orzamento de 64.591,62 euros.
As actuacións foron executadas pola empresa Construcciones Dámaso Ferreiro e Hijos, S.L.

Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Malpica

Comentarios