Luns. 06.05.2024
El tiempo

Santi Romay marabillou á parroquia malpicá

SAnti Perez en Entrega en Man de Contraproduciones en Malpica
Santi Romay e Evaristo Calvo en acción
Santi Romay marabillou á parroquia malpicá

Cheo ata a bandeira no Centro Cívico de Malpica este pasado venres para a penúltima representación teatral da XIX Mostra de Teatro de Malpica. Os asistentes á representación teatral da obra "Entrega en Man" de Contraproduciones viviron unha marabillosa actuación.

A trama, protagonizada por un elenco de grandes actores como Evaristo Calvo, María Vermella, Diego Saes ou o malpicán Santi Romay, que mergullaron ao espectador na comedia louca e denegrida cun humor mordaz e corrosivo.

A obra de 90 minutos non só entretivo, senón que tamén explorou con dureza temas socialmente relevantes como o racismo, o machismo e a xenofobia.

Entrega en Man de Contraproduciones en Malpica

Última sesión

A obra "Degustación de imposibles" do meigo Joshua Kenneth pechará, o vindeiro venres 22 de decembro, a XIX Mostra de Teatro de Malpica. A representación xira na selección de imposibles a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, panos de seda ou sombras chinesas.

Serán 70 minutos de asombro, humor e misterio. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que deleita ao espectador invitándoo a entrar nun mundo onde todo preséntase susceptible a ser transformado, onde nada e imposible. A obra levarase a cabo non Auditorio do Centro Cívico de Malpica ás 20.30 horas. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao departamento de Educación e Cultura no teléfono: 981 707 104 en horario de 10.30 horas a 14.00 horas.

Comentarios