Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Comezan as obras de rehabilitación do Centro Oleiro de Buño pensando no Centro de Día

Centro de Interpretacion do Buno Oleiro
O Centro de Interpretación do Buño Oleiro acollerá un Centro de día
Comezan as obras de rehabilitación do Centro Oleiro de Buño pensando no Centro de Día

O edificio está á espera do proxecto do Centro de Día de xestión municipal aprobado pola Xunta. Pero a realidade é que necesita moitas melloras. E nese camiño van as obras, que están en fase de licitación, da Deputación da Coruña. Son 44.297 euros para a rehabilitación integral do Centro de Interpretación do Buño Oleiro e Terras de Bergantiños (CIOBTB). Un espazo de 1.000 cadrados que ademais leva moitos meses sen actividade.

Os traballos inclúen a rehabilitación da cuberta e susbtitución dos elementos máis deteriorados, coma canalóns e baixantes ou as tellas do módulo dereito do edificio, o saneamento da estrutura metálica e limpeza dos vidros da marquesina de acceso do edificio.
Limparanse con chorro de area a fachada e os pavementos de pedra exteriores, eliminando posteriormente as gretas ou fisuras con cemento especial e aplicando un tratamento impermeabilizante elástico en dúas capas.

No interior restaurarase a carpintería metálica e de madeira, substituindo os elementos deteriorados, reporase a tarima flotante e desmontaranse os vidros para substituilos por un novo acristalamento laminar de seguridade e aplicarase pintura antihumidade.

Posteriormente tocarálle á Xunta investir os 150.000 que ten comprometidos para adaptar o edificio a un Centro de Día.

Novas relacionadas

Comentarios