A completa programación de verán do Concello de Malpica
O Concello de Malpica, a través da súa Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, e de Servizos Sociais lanza o programa “Malpica Verán”.
Moitas actividafdes requiren inscrición, e podes descargar a folla de inscrición na web municipal.
XULLO
Actividades infantís
Do 17 ao 31 de xullo
- Pintar na rúa: os laborais do 17 ao 31 de xullo, na vila de Malpica, de 10.00 a 14.00. Para crianzas de 6 a 14 anos.
Grupos e horarios:
De 11 a 14 anos - 10.00 a 12.00.
De 6 a 10 anos – 12.00 a 14.00.
Prezo: 11,00 €.
Inscricións: Do 1 ao 12 de xullo.
Do 4 ao 28 de xullo
- Obradoiros de Barro/Talleres de Modelado, no Ecomuseo do Forno do Forte, de 16.30 a 18.30. Os martes e os venres. Para crianzas de 3 a 12 anos, acompañadas de adultos. Sen inscrición previa, de balde.
Visitas teatralizadas
- Sábados 1, 15 e 29 de xullo: Visitas teatralizadas no EcoMuseo do Forno do Forte, ás 12.00. Para todos os públicos. Sen inscrición previa, de balde.
Seráns na Vila (público familiar)
- Venres, 21 de xullo: Actuación do Mago Polo co espectáculo Combina, no paseo da Praia, a partir das 20.30.
- Sábado, 29 de xullo: Representación de Xela contra o Dragón Traga-Verbas de Títeres Cachirulo, no paseo da Praia, a partir das 20.30.
Actos literarios
- Venres, 30 de xuño: Presentación da obra Hijos de York de Cristina Mourón Figueroa, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica, as 18.00. Organiza: Biblioteca Manuel María do IES Urbano Lugrís e Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes.
- Sábado, 1 de xullo Presentación da obra A saga das curandeiras de Marisa Castro Cerceda, no Salón de Actos da Casa do Pescador ás 20.00.
- Sábado, 8 de xullo: Presentación de A cadeliña pinta de Francisco Iglesias con ilustración Estefanía Padullés, no Salón de Actos da Casa do Pescador, ás 20.00.
Rutas culturais
- Sábado, 22 de xullo: Razo – Malpica. Distancia: 16 km. Duración estimada: 5 horas 30 minutos.
- Sábado, 29 de xullo: Malpica – Nariga. Distancia: 18 km. Duración estimada: 5 horas 45 minutos
Actividades deportivas
- Martes, 4 de xullo: Activ@s cos deportes de raqueta (Bádminton e Tenis de mesa), no Pavillón Polideportivo de Malpica, de 10.30 a 13.00. Destinado a crianzas a partir de 10 anos. Sen inscrición previa, de balde.
- Xoves, 6 de xullo: Activ@s co Fútbol Sala, no Pavillón Polideportivo de Malpica, de 10.30 a 13.30. Destinado a crianzas de 6 a 15 anos. Inscricións ata o 5 de xullo, de balde.
Venres, 7 de xullo
- Zumba na praia, na praia de Area Maior, de 11.30 a 12.30. Para todas as idades. Sen inscrición previa, de balde.
- Martes, 11 de xullo: Activ@s co Volei, no Pavillón Polideportivo de Malpica, de 10.30 a 13.00. Destinado a crianzas a partir de 10 anos. Inscricións: ata o 7 de xullo, de balde.
- Xoves, 13 de xullo: Activ@s co fútbol 3x3, na Pista Polideportiva do Mercado Municipal, de 10.30 a 13.00. Para crianzas a partir de 6 anos. Inscricións ata o 7 de xullo, de balde.
- Venres, 14 de xullo: Xogos na praia, na praia de Area Maior de Malpica, de 10.30 a 13.00. Para crianzas a partir de 6 anos. Inscricións ata o 7 de xullo, de balde.
- Mércores e Xoves, 19 e 20 de xullo: Torneo de Fútbol Praia, na praia de Area Maior de Malpica, horario en función das mareas e número de inscritos. Para moz@s de 15 a 20 anos. Inscricións ata o 14 de xullo, de balde.
- Venres, 21 de xullo: Zumba na praia, na praia de Area Maior de Malpica, de 11.30 a 12.30. Para todas as idades. Sen inscrición previa, de balde.
- Do 3 ao 28 de xullo: IV Campus de verán UD Cerqueda, no Campo de Fútbol de Xaviña (Buño). Para crianzas de 4 a 17 anos. Inscricións e información: 660 099 288 Correo: [email protected]
AGOSTO
Actividades infantís
Do 1 ao 29 de agosto
Obradoiros de Barro/Talleres de Modelado, no Ecomuseo do Forno do Forte, de 16.30 a 18.30. Os martes e os venres. Para crianzas de 3 a 12 anos, acompañadas de adultos. Sen inscrición previa, de balde.
Do 1 ao 31 de agosto: Campamento Concilia 2023 (Concellería de Servizos Sociais): De luns a venres, do 1 de ao 31 de setembro, no Centro Cívico de Malpica, de 9.00 a 14.00. Para crianzas de 3 a 12 anos, ambas incluídas. Prazas: 30.
Prezo: de balde. Inscricións: No Departamento de Educación e Cultura, en horario de 10.30 a 14.00, do 19 de xuño ao 21 de xullo.
- Venres, 25 de agosto: XXII Concurso de Barcanas e Castelos de Area, Praia de Area Maior, na praia de Area Maior de Malpica, de 10.00 a 14.00. Para adultos e crianzas a partir de 6 anos. Inscricións: do 1 ao 23 de agosto, no Departamento de Educación e Cultura, en horario de 10.30 a 14.00 e o 25 de agosto na praia de Area Maior de Malpica de 10.00 a 11.00.
Visitas teatralizadas
- Sábados 12 e 26 de agosto: Visitas teatralizadas no EcoMuseo do Forno do Forte, ás 12.00. Para todos os públicos. Sen inscrición previa, de balde.
Seráns na Vila (público familiar)
- Sábado 5 de agosto: Representación de As palabras perdidas de Inventi Teatro, no paseo da Praia, a partir das 20.00.
- Sábado 5 de agosto: Representación de Rogelio, un paiaso en recuperación de As Sircópatas, no paseo da Praia, a partir das 20.00.
Rutas culturais
- Sábado, 5 de agosto: Circular Nariga. Distancia: 12 km. Duración estimada: 4 horas 30 minutos.
- Venres, 11 de agosto: Perseidas 2023; 21.00 Charla teórica no Auditorio do Centro Cívico. 21.45 Saída para a observación astronómica.
Actividades deportivas
- Do 1 ao 31 de agosto
Torneo de Fútbol Praia Infantil, na praia de Area Maior de Malpica,
horarios en función das mareas, aproximadamente 2 días á semana
cada categoría. Para crianzas de 6 a 14 anos. Inscricións: ata o 21 de
xullo, custe: 21,71 €.
Venres, 4 e 18 de agosto
Zumba na praia, na praia de Area Maior de Malpica, de 11.30 a
12.30. Para todas as idades. Sen inscrición previa, de balde.
Actividades deportivas
Centro Cívico de Malpica. Oficina de Deportes
Luns, mércores e venres de 8.30 a 13.00
Martes e xoves de 8.30 a 10.00
Actividades culturais
Departamento de Educación e Cultura, no Centro Cívico. De 10.30 a 14.00