Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Un concurso de microrrelatos para recoller como sairemos do confimanento

Un concurso de microrrelatos para recoller como sairemos do confimanento

A Rúa dos Contos é o novo certame que propón a Concellaría de Cultura e Olaría do Concello de Malpica en clave literaria. Un concuruso de microrrelatos sobre o ‘que acontecerá despois do confinamento’, que servirá ademais para como exposición permanente en recordo á crise sanitaria que estamos a vivir.

De feito, as tres obras seleccionadas polo xurado, e as tres obras seleccionadas polo público editaranse sobre pezas de barro de Buño, na rúa que determine o Concello de Malpica. É por isto que suporá unha lembranza sempiterna nas calexas do rueiro malpicán, dunha época da vida que a toda persoa que lle tocou vivila de seguro non esquecerá.

Como participar

Os relatos terán unha extensión mínima de 50 palabras e máxima de 75 sen contar o título. As obras que se presenten deberán ser orixinais que non se tivesen publicado con anterioridade en ningún formato.

Establécense tres categorías: infantil (ata 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e adultos/as (18 anos en diante). O prazo para a presentación dos textos estará aberto desde as 00:01 do 23 de abril, Día Internacional do Libro, ata as 23:59 horas do 13 de maio de 2020.
Os textos enviaranse por enderezo electrónico á dirección [email protected] O xurado escollerá ás tres persoas gañadoras, e os tres ‘accésit’ estarán elixidos polas redes sociais. As bases poden consultarse na páxina web do Concello de Malpica, así como no seu perfil oficial de Facebook.

Outros Concursos

comentarios