Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Deputación compromete 200.000€ para as mostras de Olería e de Encaixe

Desfile da Mostra de Encaixe 2021
Valentín González Formosos durante un Desfile da Mostra de Encaixe 2021
A Deputación compromete 200.000€ para as mostras de Olería e de Encaixe

As dúas Mostras por excelencia da Costa da Morte teñen dous fíos en común: o poder da artesanía, e o apoio da Deputación. A Mostra do Encaixe de Camariñas contará cunha partida de 120.000 euros e a Mostra de Olería de Buño de 80.000 euros nos orzamentos provinciais do vindeiro ano

No caso da cita camariñá, o apoio da entidade amósase xa no propio nome, mantendo o apelido da institución provincial outro ano máis. Este ano ademais recuperará as dúas datas oficiais, e se desenvolverá durante a Semana Santa e que terá lugar do 13 ao 17 de abril do ano 2022.

Para a Mostra de Olería de Buño, que alcanzará en 2022 a súa trixésimo oitava cita, hai tamén unha boa partida que asegura a súa continuidade. Dende o PSOE malpicán agradecen o incremento da aportación. “No 2021 recibimos 40.000 euros para a mostra, xa que a súa celebración viuse moi limitada pola pandemia, pero no 2022 esperamos que volva a normalidade”, apuntou Walter Pardo.

Comentarios