Venres. 29.03.2024
El tiempo

Diplomas, merenda e unha exposición despediron o Pequeoleiros

Diplomas, merenda e unha exposición despediron o Pequeoleiros
Exposicion dos traballos realizados polos participantes no Pequeoleiros Exposicion dos traballos realizados polos participantes no Pequeoleiros Orgullosísimos marcharon onte para as súas casas os participantes do obradoiro "Pequeoleiros" de Buño coas súas placas co nome para colocar na porta do dormitorio, taboleiros para xogar ao tres en raia, lapiseiros e outros obxectos decorativos feitos por eles mesmos. A creatividade dos escolares de Buño non ten límites, e durante os tres últimos meses tiveron a ocasión de darlle forma con barro no obradoiro, deseñado polo concello de Malpica, a través do ecomuseo do Forno do Forte, e a ANPA Xaviña do colexio Joaquín Rodríguez Otero, para difundir a olería e conseguir que os nenos e nenas manteñan o contacto cunha tradición centenaria. Trece alumnos e alumnas do colexio Joaquin Rodriguez Otero participaron no obradoiro de oleria impartido por Jose Antonio Corral Trece nenos e nenas participaron no obradoiro de olería impartido por José Antonio Corral Os trece escolares de tres a doce anos que participaron no taller recibiron onte os seus diplomas. O alcalde, Eduardo Parga; os concelleiros Miguel Fernández e Marisol Blanco; o director do Ecomuseo Forno do Forte, Paco Doval, e o presidente da ANPA Xaviña, José Luis Villar, foron as persoas encargadas de entregarllos. Os nenos e nenas foron agasallados tamén con cadanseu lilo e cunha merenda na que non faltou de nada. Eles, pola súa banda, quixeron agradecer a paciencia do monitor, o oleiro José Antonio Corral, entregándolle unha caixa de bombóns. A animada xornada rematou cunha visita dos convidados, entre os que se atopaban varias nais, á exposición que recolle os traballos realizados polos participantes no obradoiro.

Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

Comentarios